Estimados veciños e compañeiros de partido:
Dende o Partido Popular de Oroso desexamos darvos unha afectuosa benvida a esta nova páxina web.
A finalidade desta páxina é dar a coñecer dunha forma máis rápida as iniciativas, noticias e proxectos que se desenvolven nas distintas administracións e que repercuten na vida diaria do noso municipio.
Tamén esperamos que esta web nos facilite poder coñecer as vosas necesidades como veciños das distintas parroquias do concello de forma máis rápida e precisa, para poder asesorar ou solucionar os devanditos problemas na medida das nosas posibilidades.