O PP RECLAMA UN PLAN QUE MELLORE A AUTONOMÍA DAS PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS

O Partido Popular de Oroso, encabezado polo noso portavoz, Alexander Doval, levaremos ao pleno municipal unha moción na que solicitamos a posta en marcha dun plan municipal que contribúa a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores, ou con algún tipo de discapacidade, que viven soas.

Concelleiros do PP de Oroso 2015-2019

Concelleiros do PP de Oroso 2015-2019

Os populares pediremos ao mesmo tempo a elaboración dun censo no que se inclúan todos estes casos para poder desenvolver un programa de teleasistencia domiciliaria que facilite o día a día daqueles veciños con dependencia ou con enfermidades crónicas.
“Trátase dun servizo necesario, que mellora calidade de vida destas persoas e que contribúe á súa seguridade”, apuntou Doval, quen subliñou que, na actualidade, o 10% da poboación de Galicia vive soa.
Así mesmo, o noso grupo municipal popular pediremos que o executivo local inste á Xunta de Galicia, en colaboración coa FEGAMP, a promover un pacto pola conciliación e a corresponsabilidade no ámbito da vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos.
Neste sentido, o noso portavoz incide en que é “fundamental” a implicación de todos os axentes sociais –administracións públicas, empresas, sindicatos e tecido asociativo- no fomento da conciliación da vida laboral e persoal.

  • Cobro de Plusvalía

Noutra orde de cousas, os populares reclamaremos o cese do cobro do imposto da Plusvalía por parte do Concello de Oroso naqueles casos nos que non se xerou unha ganancia patrimonial. Ademais, Doval solicitará tamén que o goberno municipal estableza un mecanismo de arbitraxe para proceder á devolución do cobrado indebidamente ata a data a través deste imposto.

Por último, o Partido Popular de Oroso solicitaremos que o executivo local inclúa na partida de 30.000 euros destinada á “Sinalización horizontal para vías rurais” a mellora da seguridade viaria no cruzamento do lugar de Vilar de Abaixo, na parroquia de Deixebre, e demandaremos que o Concello adecente e desbroce a fonte da parroquia de Cardama.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>