DOVAL RECLAMA UNHA PARTIDA ECONÓMICA PARA REPARAR A ESTRADA QUE UNE A DP-3801 CO POLÍGONO

IMG_5581

O Partido Popular de Oroso, encabezado polo noso portavoz, Alexander Doval, reclamou esta semana que o goberno local destine unha partida dos orzamentos municipais para arranxar a estrada que une a DP-3801 –á altura da Lechería- coa avenida Álvaro Cunqueiro, situada no polígono industrial.

Os populares explicamos que o firme do viario atópase na actualidade nun estado “moi deficitario” de mantemento, o que provocou a aparición de fochancas importantes e, á súa vez, xerouse gravilla, o que supón un risco para os vehículos que circulan por este tramo.

“Estamos a falar dunha estrada que rexistra moita densidade de tráfico, debido a que son moitos os vehículos que circulan por ela para poder acceder ao polígono industrial”, subliñou o noso portavoz.

Ante esta situación, e despois de recoller as queixas de numerosos usuarios, desde o grupo municipal do Partido Popular de Oroso entendemos que a reparación da estrada debe ser un asunto “prioritario” para un executivo local ao que acusan de “paralizar investimentos fundamentais” para o municipio.
“Non vemos ningún motivo para que o goberno local non programe unha actuación urxente nesta estrada”, dixo Doval, quen reclamou tamén que o Concello de Oroso poña en marcha un plan de conservación de vías que permita, por unha banda, facer un balance do estado actual das estradas que son competencias do concello para, posteriormente, actuar naquelas que sexa necesario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>