DENUNCIAN QUE O PUNTO LIMPO É NUNHA “AMEAZA MEDIOAMBIENTAL” POLA INACCIÓN DO CONCELLO

O Partido Popular de Oroso, encabezado polo noso portavoz, Alexander Doval, criticou onte a situación de “abandono” na que se atopa o Punto Limpo do municipio, e denunciou que, nos últimos meses, o lugar converteuse nun “vertedoiro incontrolado” de residuos debido á inacción do goberno local.

FOTO-PUNTO-LIMPO-1-620x420

Tras visitar o lugar, os populares puideron constatar que a zona non está debidamente valada e protexida, o que, segundo Doval, converte ao Punto Limpo nunha “ameaza medioambiental” para o río Carboeiro.

“Estamos a falar dunha zona na que, se non se controlan os residuos que se depositan, poden terminar no río, co que iso suporía para a contaminación das súas augas”, apuntou o popular, quen asegurou que alí pódense atopar restos de cascallos, neumáticos usados e mesmo electrodomésticos antigos.

Neste sentido, desde o grupo municipal do Partido Popular de Oroso alertarmos tamén de que o Punto Limpo se atopa moi próximo á alameda e ao parque infantil que hai en Carboeiro, “onde xogan nenos, e onde é necesario que as medidas de seguridade sexan extremadamente rigorosas para que non haxa que lamentar ningunha desgraza”.

Medidas dende o Concello
Ante esta situación, o portavoz popular urxe ao goberno local a que tome medidas para, en primeiro lugar, facer da zona un lugar seguro e, en segundo lugar, para controlar os residuos que se deixan no Punto Limpo, de tal forma que “exista un control minucioso do que se deposita e de como se deposita”.

“O que non imos consentir desde o Partido Popular é que o pasotismo do Concello converta o que tería que ser un Punto Limpo de referencia na comarca, nun punto sucio e nun problema ambiental para Oroso”, dixo Doval.

Por último, o popular asegurou que a situación é aínda máis “esperpéntica” tendo en conta que, segundo explicou Doval, o Concello conta na actualidade cunha nave que adquiriu para trasladar o Punto Limpo a ela, pero, desde o Partido Popular, “aínda non sabemos por que non se produciu o cambio”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>