Historia

Breve Historia do Partido Popular de Oroso.

A historia do Partido Popular a nivel municipal vén marcada polos Congresos xurdidos no seo do partido nos anos 89 e 90. O primeiro deles, o IX Congreso coñecido como o de “la Refundación” aínda que o seu lema era “Avanzar en libertad”, é o que consagrará a marca actual da formación, como Partido Popular; e xa será en 1990, nese segundo congreso, o X Congreso baixo o lema “Centrados con la libertad” cando o partido avanzará cara posturas de centro-dereita, sendo Josemaría Aznar nomeado presidente do novo Partido Popular no seu primeiro Congreso, en substitución de Don Manuel Fraga Iribarne. Unha das imaxes máis recordadas foi que durante o Congreso, o fundador do PP rompeu en público unha carta de dimisión sen data que lle entregara Aznar en proba de lealdade, rexeitando a posibilidade de tutelar o liderado do político castelán-leonés cunha frase que faría historia: “Nin tutelas, nin tutías! “.

Pois é a partir desta estabilización do proxecto a nivel nacional que o partido comeza a moverse a nivel autonómico e municipal para preparar as candidaturas.

A nosa andaina en Oroso como Partido Popular comezará no pouco antes das eleccións municipais de 1991 cando Eugenio Neira García é escollido como presidente local e candidato ás municipais. O resultado electoral é claramente favorable á nosa formación dándonos a vitoria nas urnas e 5 concelleiros; non obstante mediante un pacto PSdeG co grupo Independente impedirán a formación de goberno polo partido maioritario. Malia este contratempo o PP de Oroso formulación unha férrea oposición e unha crítica clara ao turnismo de alcaldes entre os dous partidos no goberno durante os catro anos de lexislatura.

 eugenioO labor desenrolado na oposición e a conexión coa xente do municipio, en canto a presentarlles unha opción mellor para gobernar Oroso, será o que nas municipais de 1995 liderados de novo por Eugenio Neira nos leven á vitoria e maioría absoluta con 6 concelleiros.

É, a partir deste momento, cando se comecen a sentar as bases para o desenvolvemento do municipio durante os seguintes anos, xerando un crecendo tanto en poboación coma en tecido industrial e infraestruturas.

Exemplo deste desenrolo son:

ponteAs melloras en obras eléctricas no rural, así coma a ampliación e mellora do abastecemento de auga potable mediante captación no río Tambre, mellorando este servizo á par que construía unha nova depuradora de augas residuais e se instalaron colectores con capacidade para 10.000 usuarios.

Xunto con estas infraestruturas de saneamento, facilitouse a construción de pontes no ámbito municipal entre parroquias coma a ponte do río Lengüele que une Oroso e Trazo.

Como é a obriga do goberno municipal, preocupámonos por limpar os camiños do concello, ampliar a rede viaria e mellorar a súa sinalización, así coma comezar a proxección do parque empresarial.

A realidade é que entre 1996 e 1999 se reduciu de forma espectacular a débeda municipal acumulada, ó tempo que se aumentaba o patrimonio público do concello mediante a adquisición de bens mobles e inmobles; ademais captáronse maiores partidas procedentes da Xunta e a Deputación e asináronse convenios moi beneficiosos para o concello que xerarán réditos ata a actualidade, aínda que xa no seu momento permitían obter chan para a piscina municipal, parques públicos, o local de protección civil, o centro de ESO e unha grande área recreativa da Pena Teixa sen que iso supuxese un custo para os cidadáns.

Desta forma o Partido Popular foi fortalecendo, mellorando e creando as principais estruturas educativas do concello como a construción do instituto, a ampliación e arranxo do colexio e a posta a punto e acondicionamento da gardería infantil.

escuelas

ies

No ámbito cultural desenvolvéronse rehabilitacións e cursos formativos para os maiores, ademais de crearse unha escola taller e poñerse en valor festas como a da 3ª idade ou a “Festa da Troita”, que se converterá nun referente turístico-gastronómico para o concello, malia que nun primeiro momento os partidos da oposición non a apoiasen.

Desta forma e a través da súa xestión, o Partido Popular de Oroso convencerá os veciños do municipio para que lle permitan revalidala alcaldía co mesmo candidato nas eleccións municipais de 1999.

Durante esta nova lexislatura continuáronse as liñas de xestión que referendaron os veciños nas eleccións, que permitiron rematar proxectos e comezar a formular novos retos, como un novo centro de saúde e a ampliación das infraestruturas que faltaban, así como un maior desenvolvemento e inversión na parte mais rural do concello.

Non obstante no ano 2002 formúlase unha moción de censura contra o rexedor na que participan dous integrantes do partido popular que se pasan ao novo grupo de non adscritos, permitindo deste xeito que asuma a alcaldía Manuel Mirás Franqueira do PSdeG. Desta forma consolídase unha ruptura co disposto nas urnas, que dá como resultado un último ano de lexislatura convulso e pouco produtivo para o concello.

No ano 2003 celébranse as novas eleccións municipais onde se pasa de ser unha corporación de 11 concelleiros a 13; non obstante e nesta ocasión o Partido Popular non consegue manter o apoio dos veciños e obtén coa nova situación poboacional 3 concelleiros, pasando a gobernar dous partidos independentes CDS e CDI, sendo o primeiro liderado polo ex-líder do PSdeG que se beneficiou da moción de censura; así pois, establécese un novo turnismo de alcaldables entre os partidos.

 Malia todo, o partido seguiu realizando unha oposición responsable ás medidas que ao noso parecer carecían de sentido.

maria_joseNo ano 2007 preséntase á primeira muller como candidata á alcaldía de Oroso, María José Mira, que se enfronta a unha atomización dos partidos que concorren ás municipais, o que repartirá os votos.

 Apesares do ambicioso programa electoral, o partido só logra 2 concelleiros polo que mantén o seu rol de oposición, liderando a mesma e plantexando unha férrea crítica xunto cos demais partidos ante o que se comeza a cualificar de goberno partidista para diversos sectores.

 É baixo a súa xestión, cando se la luz verde a creación das Novas Xeracións de Oroso no municipio, sendo nomeado Alex Doval presidente destas.

nnxxEsta agrupación xuvenil pronto será un dos músculos do Partido, chegando a ter máis de 60 membros activos militando na organización e facéndose presente nas diversas campañas electorais, congresos ou actos de cuño propio como a cea de Nadal do partido.

Case ao final da lexislatura, as críticas continuadas nos plenos da voceira ao alcalde e a súa xestión, darán coma resultado duros enfrontamentos entre ambos, que non amedrentarán os representantes do partido á hora de estar presentes en todos os actos oficiais do concello como corresponde aos representantes electos.

pargaXa rematando a lexislatura producirase por motivos persoais a renuncia da voceira María José Mira, tomando posesión como concelleiro o número tres, Pablo Parga Villaverde, que se fará cargo do partido e manterá un traballo constante na oposición, á par que unha presenza institucional en diversos actos oficiais ata o fin da lexislatura.

Pouco antes das eleccións municipais de 2011 o Partido Popular decide cambiar o candidato que presentara aos comicios.

baladoComo resultado desta decisión noméase a José Manuel Balado Martínez para o devandito labor. Ofrecéndolle unha conxuntura favorable para as siglas, un partido que viña de catro anos de laboriosa oposición, e dispoñía dunha organización interna reforzada, en canto a loxística.

Nestes termos formulouse o novo reto municipal.

Os resultados foron agridoces, pois malia o aumento significativo de apoio veciñal, que dobrou o número de concelleiros a 4, o esforzo non foi suficiente para poder optar a formar un goberno que puxese en marcha o noso programa electoral.

Durante estes anos de Lexislatura o partido mantivo unha presenza estable de oposición e cuestionouse numerosas decisións do goberno socialista no pleno, non obstante é innegable a dificultade de buscar cambios con quen non quere nin necesita dialogar para impoñer o seu criterio.

Aínda coas dificultades, o partido estivo presente nos actos oficiais do concello e a través dos actos da rama xuvenil (Novas Xeracións) tanto a nivel interno coma público.

Cara ao final desta lexislatura nunha reunión con afiliados e simpatizantes José Manuel Balado anunciou que non se presentaría ás novas eleccións pero que expresaba a súa total disposición a axudar a quen o partido elixira como o candidato óptimo de cara á próxima cita electoral.

Días despois, o Partido anunciou que Alexánder Doval Expósito, Presidente de Novas Xeracións de Oroso, sería o candidato polo que apostaban como a vía para loitar de novo pola alcaldía. E dende ese momento comezáronse a configurar as bases da candidatura.

Xa o 20 de Decembro no restaurante Lar Blanco celebrábase unha comida de Nadal con máis de 100 militantes do Partido no que se expresaba o apoio ao novo candidato, non só dos seus propios compañeiros de partido no municipio, senón tamén do Secretario Xeral do Partido Alfonso Rueda e do Presidente de Novas Xeracións de Galicia.

O 31 de Xaneiro presentábase a lista de candidatos aos concellos da provincia de A Coruña.

candidaturas

Doval creou unha lista para as municipales do 2015 do mais representativa onde abunda a mestura de xente nova con veteranía, fixo a lista máis numerosa que nunca se creou neste concello, representaban 20 mulleres e homes, mesturaba homes e mulleres de todolos sectores que máis abundaban no concello.

equipo

O 24 de Maio de 2015 celébranse as elección municipais, quedando o Partido Popular de oroso con catro concelleiros na oposición encabezados por Alex Doval, xunto el séguelle Fina Iglesias, Silvia Suárez e Pablo Parga. Uns resultados que manteñen o número de concelleiros no Concello ainda que se subiu en número de votantes con respecto as anteriores municipais do 2011.

Nesta lexislatura 2015/2019 o Partido Popular fai un gran traballo desde a oposición.

 

concejales pp de oroso